Achegarse a Ares é aproximarse á tranquilidade; o seu entorno invita ó paseo e ó relax, a disfrutar das súas tranquilas praias, a visitar os seus monumentos, percorrer as rúas ... é, en definitiva, afastarse do trasego cotián; tapear polo paseo marítimo e charlar coas súas xentes descubriranos unha vila chea de encanto, con fermosos recunchos onde recrear os nosos sentidos.
Nun principio Ares era un porto cunha situación estratéxica privilexiada, dedicado á pesca. Moitas das casas manteñen aínda ese aspecto mariñeiro. A casa típica era unha construcción de dúas plantas. Na fachada principal había un balcón corrido e voado sobre ménsulas de madeira ou pedra, necesario para colgar as redes dos barcos que saían á pesca de baixura. As paredes eran de mampostería revocadas en branco con toques rechamantes nas partes de madeira .
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tus opiniones son lo mejor de este blog.