jueves, 17 de mayo de 2012

Ares


Achegarse a Ares é aproximarse á tranquilidade; o seu entorno invita ó paseo e ó relax, a disfrutar das súas tranquilas praias, a visitar os seus  monumentos, percorrer as rúas  ... é, en definitiva, afastarse do trasego cotián; tapear polo  paseo marítimo e charlar coas súas  xentes descubriranos unha vila chea de encanto, con fermosos recunchos onde recrear os nosos sentidos.




Nun principio Ares era un porto cunha situación estratéxica privilexiada, dedicado á pesca. Moitas das casas manteñen aínda ese aspecto mariñeiro. A casa típica era unha construcción de dúas plantas. Na fachada principal había un balcón corrido e voado sobre ménsulas de madeira ou pedra, necesario para colgar as redes dos barcos que saían á pesca de baixura. As paredes eran de mampostería revocadas en branco con toques rechamantes nas partes de madeira . 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tus opiniones son lo mejor de este blog.